Imaxe de separación
Logo
INICIO | MAPA DA WEB | CONTACTO
Logo Sección Actualidade
Novas
Galería de fotos
Enlaces
Logo Sección Concello
Saúdo
Corporación
Pobos de Laza
Servizos
Empresas locais
Separación
Separación Logo Sección Turismo
Historia
Localización
Festas
Entroido
Peregrinos
· A orixe do Entroido
· O ciclo do Entroido I
· O ciclo do Entroido II
· O traxe do Peliqueiro
· Vídeo-reportaxe do Entroido de Laza
· PROGRAMA ENTROIDO 2010
   
Cartel Entroido 2010
 
Barra separadora
Programa do Entroido 2010
Descargar cartel Entroido 2010
LAZA: CULTURA E TRADICIÓN DUN POBO
- Prohíbese o uso de petardos -
Venres 22 e 29 de xaneiro e 5 de febreiro Folións a partires das 11 da noite.
12 de febreiro
XOVES DE COMADRES

AS 14:30 Folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro
Cea das mulleres.
Verbena coa actuación da orquesta "Aramio".

12 de febreiro
VENRES DE FOLIÓN

Pola tarde: degustación de bica branca, xastré e licor-café por bares e chiringuitos, animados coa música da "Charanga Madiavela".

Ás 9 do serán: IV FESTA GASTRONÓMICA DA CACHUCHA, A BICA BRANCA, O XASTRÉ E O LICOR-CAFÉ.
Lugar: Pavillón de deportes
Entrada: 15 €
Retirada de entradas: Casa do Concello, locais comerciais de Laza, Bar Manso (Vences), Bar Blanco (Matamá) e Bar América e Bar Cruceiro (Verín) ou mediante ingreso na conta da Comisión do Entroido aberta en Caixa Galicia e Caixanova (o resgardo do ingreso servirá como entrada). Aforo limitado, 600 entradas á venda.

Ó remate da cea: GRAN FOLIÓN, saída dende o Toural con chocos, viño e fachóns. Percorrendo as rúas de Cimadevila, O Castiñeiro, Barrio e A Roda. Unha vez na Cerdeiriña, todos xuntos seguimos cara a Picota e Souteliño. ¡Ollo ós corredores! Animación a cargo dos "Bombeiros de Carracedo" e "Charanga Madiavela".

13 de febreiro
SÁBADO DAS CABRITADAS

Pola tarde: fariña a rachar na Picota e RUTA DO XASTRÉ ás 17:00, de Souteliño ata Laza, troula polas rúas coas charangas "Támega" e "Vaite xa!", petando polas casas e parando nos bares.

Pola noite: troulada e cabritadas dos mozos e mozas. Gran verbena animada polo grupo "Trova" ata altas horas da madrugada.

14 de febreiro
DOMINGO DE ESTREA

Pola mañá: a Estrea dos Peliqueiros ¡todos preparados para recibilos na Picota!

Á saída de misa: Saúdo dos Peliqueiros e, de seguido, o reparto da Bica dos Peliqueiros na Praza da Picota. Pasarrúas e animación musical a cargo das charangas "Támega" e "Vaite xa!".

Pola tarde: Desfile de Carrozas Típicas. Animación nas rúas a cargo da charanga "Támega" e "Vaite xa!". Baile e verbena a cargo da orquestra "Compostela" e o grupo "Troco".

15 de febreiro
LUNS BORRALLEIRO

Pola mañá: Farrapada, Xitanada dos Burros e Maragatos. Animación nas rúas a cargo das charangas "Támega" e "Vaite xa!".

Pola tarde: Baixada da Morena dende Cimadevila acompañada de toxos e cobelleiros. Ó remate reparto de cachucha, pan e viño. ¡Hai que repoñer forzas! Baile e verbena coa actuación das orquestras "Los Españoles" e o grupo "Ilusión".

16 de febreiro
MARTES DE ENTROIDO

Pola mañá: Saída dos Peliqueiros Veteráns. ¡Arde a Picota! Animación na rúa a cargo das charangas "Támega" e "Vaite xa!".

Pola tarde: Desfile de Carrozas. A partires das 19:00 o Testamento do Burro, Enterro do Entroido e Loito dos Peliqueiros. Baile e verbena a cargo da orquestra "Superfama" e o grupo "Ritmo joven"

Subir  
Barra separadora