Imaxe de separación
Logo
INICIO | MAPA DA WEB | CONTACTO
Logo Sección Actualidade
Novas
Galería de fotos
Enlaces
Logo Sección Concello
Saúdo
Corporación
Pobos de Laza
Servizos
Empresas locais
Separación
Separación Logo Sección Turismo
Historia
Localización
Festas
Entroido
Peregrinos
· A orixe do Entroido
· O ciclo do Entroido I
· O ciclo do Entroido II
· O traxe do Peliqueiro
· Vídeo-reportaxe do Entroido de Laza
· PROGRAMA ENTROIDO 2007
   
Cartel Entroido 2007
Cartel Festa Gastronómica 2007
Barra separadora
Programa do Entroido 2007
LAZA: CULTURA E TRADICIÓN DUN POBO
- Prohíbese o uso de petardos -
26 de xaneiro
2 e 9 de febreiro
Folións a partires das 11 da noite.
15 de febreiro
XOVES DE COMADRES

Cea das mulleres.
Verbena coa actuación da orquesta "Salsa Rosa".

16 de febreiro
VENRES DE FOLIÓN

Pola tarde: degustación de bica branca, xastré e licor-café por bares e chiringuitos, animados coa música da "Charanga Támega".

Ás 8 do serán: I FESTA GASTRONÓMICA DA CACHUCHA, A BICA BRANCA, O XASTRÉ E O LICOR-CAFÉ.
Lugar: Pavillón de deportes
Entrada: 15 €
Retirada de entradas: Casa do Concello, locais comerciais de Laza ou mediante ingreso na conta da Comisión do Entroido aberta en Caixa Galicia e Caixanova (o resgardo do ingreso servirá como entrada).

Ó remate da cea: GRAN FOLIÓN, saída dende o Toural con chocos, viño e fachóns. Percorrendo as rúas de Cimadevila, O Castiñeiro, Barrio e A Roda. Unha vez na Cerdeiriña, todos xuntos seguimos cara a Picota e Souteliño. ¡Ollo ós corredores! Animación a cargo dos "Bombeiros de Bembibre".

17 de febreiro
SÁBADO DAS CABRITADAS

Pola tarde: fariña a rachar e animación musical polas rúas a cargo da "Charanga Támega".

Pola noite: troulada e cabritadas dos mozos. Gran verbena animada pola "Orquestra Tambo" ata altas horas da madrugada.

18 de febreiro
DOMINGO DE ESTREA

Pola mañá: a Estrea dos Peliqueiros ¡todos preparados para recibilos na Picota!

Á saída de misa: Saúdo dos Peliqueiros e, de seguido, o reparto da Bica dos Peliqueiros na Praza da Picota. Pasarrúas e animación musical a cargo das charangas "Támega" e "Monterrei".

Pola tarde: Desfile de Carrozas Típicas. Animación nas rúas a cargo das charangas "Támega" e "Monterrei". Baile e verbena a cargo da orquestra "Mayel & Casablanca" e o grupo "Master".

19 de febreiro
LUNS BORRALLEIRO

Pola mañá: Farrapada, Xitanada dos Burros e Maragatos. Animación nas rúas a cargo das charangas "Támega" e "Monterrei".

Pola tarde: Baixada da Morena dende Cimadevila acompañada de toxos e cobelleiros. Ó remate reparto de cachucha, pan e viño. ¡Hai que repoñer forzas! Baile e verbena coa actuación das orquestras "Europa" e o grupo "Triunfo".

20 de febreiro
MARTES DE ENTROIDO

Pola mañá: Saída dos Peliqueiros Veteráns. ¡Arde a Picota! Animación na rúa a cargo das charangas "Támega" e "Sinola".

Pola tarde: Desfile de Carrozas. A partires das sete o Testamento do Burro, Enterro do Entroido e Loito dos Peliqueiros. Baile e verbena a cargo das orquestras "La Oca" e o grupo "América S.L."

Subir  
Barra separadora