O último domingo de maio celébrase en Cerdedelo a festa da Pena Tallada en honor á Virxe.
Segundo a lenda, a Virxe aparecéuselle a uns pastores de Cerdedelo nunha peneda e despois de falar con eles pediulles que fixeran unha Capela naquel lugar.
A súa petición foi cumprida coa construcción dunha capela situada no alto do pobo, á beira dunha peneda na que se atopa incrustada a imaxe da Virxe.
Dende entón son moitos os peregrinos que acoden dende varios lugares da provincia a pedirlle á Virxe da Pena tallada, avogada da dor de cabeza, a curación das súas dores.
Os mozos suben dende o pobo ata capela, en procesión, á Virxe que vai nun carro de madeira moi engalanado con flores. Segundo Augusto Diéguez Añel, no seu libro “Támega”, lembra as “carpentas” romanas ou os carros relixiosos dos celtas para conducir algunha deidade.
Alí ten lugar a misa en romaría á que asisten moitas xentes da comarca de Monterrei e a Limia. Antes da misa, os romeiros pasan pola penada para untar a frente co pó da rocha.
Na romaría cántase esta canción na honra da Virxe:
“Virxe da Penatallada,
que altiña se foi por,
dálle o vento, dálle a auga
e dálle o raíño do sol...”
|