O 25 de xullo ten lugar en Trez a festa en honor de Santiago. Tamén ten lugar aquí unha vistosa loita entre os mouros e os cristiáns, nunha fermosa paraxe sucada por estreitos camiños.
O exercito cristián vai en procesión co Santo ata que, nunha encrucillada, sáenlle os mouros e despois dun breve diálogo, empeza a loita que remata coa rendición dos mouros e posterior acompañamento destes ó Santo.
“(...) ánimo soldados míos
que nadie pierda el aliento
que vamos a defender
al Divino Sacramento (...) ”
|