A orixe toponímica da palabra “Laza” parece que ten a súa orixe no vocábulo latino latium, que correspondería á rexión chamada “O Lacio” e situada entre os ríos Tíber e Líris da Península Itálica, aínda que algúns autores como Antonio-Augusto Diéguez Añel atópanlle unha orixe celta. Segundo este autor no seu libro “Támega”: “A finales de la edad de Bronce hay una sustitución de la civilización indígena por una extranjera, entroncada con la civilización que los celtas crearon y extendieron por las orillas del Danubio y del Rhin... A los pobladores celtas del Valle, originarios de Latham se superpusieron los Keltike y después los conquistadores romanos orihundos del Lacio en la península Itálica, súbditos del imperio, que se apoderaron del valle, instalándose en él; incluso para explotar las minas adyacentes.”
No Concello de Laza atopamos abundantes xacementos da Idade do Bronce, como por exemplo:
- As Pisadiñas. (Gravura ó aire libre, en Laza).
- As Ferraduras. (Gravura ó aire libre, en Soutelo Verde).
Na Idade do ferro desenvólvese a Cultura Castrexa, aparecendo o castro como hábitat. Aparece nos cumes ou na caída dos outeiros de media altura, aproveitando as cualidades defensivas, agrícolas , gandeiras ou/ e mineiras. Na tradición popular adquiren diferentes nomes: castro, castelo, coroa , cidadella, etc... No Concello de Laza atopamos abundantes mostras deste tipo de xacementos:
- O Castro. (Asentamento fortificado en Castro de Laza). Segundo Xesús Taboada Chivite (Carta Arqueológica de Verín, Actas del III Congreso Nacional de Arqueología, Zaragoza,1953): “Castro de Laza, en el pueblo de su nombre, al borde del camino secundario que enlazaba las vías 17 y 18 del itinerario de Antonio Pío”.
E apoiando a idea do paso da Vía Secundaria IV en Galicia que unía Chaves (Portugal) e Baños de Molgas (Ourense): “Por Laza, bordeando el Oppidum allí existente, cruzaba el camino, que desde Alberguería asciende hasta la Sierra de San Mamed” (Manuel Fernández Castos y Manuel Fuentes Corral, nº 35, Nos, A Coruña.)
E segundo o autor nativo deste pobo: Antonio-Augusto Diéguez Añel na súa obra "Támega", páxina14: “La singularidad de este castro está en su relación con el oppidum, único en toda la Vía Romana Secundaria IV, de Chaves (Portugal), a Baños de Molgas, en la provincia de Ourense, al que es obligado considerar como prototipo de lo que es y significa un castro natural, sin construcciones aparentes, situado en un lugar estratégico, con un entorno geográfico también singular, elegido previamente por los pueblos primitivos pre-celticos, celtas y romanos, de quienes quedan vestigios".
- Castro dos Mouros. (Asentamento fortificado. Soutelo Verde)
- A Coroa. (Asentamento fortificado. Carraxó).
- A Cidadella. (Asentamento fortificado. Carraxo. Hai que destacar neste castro a existencia nun monte próximo dunha explotación de estaño, coa cal o castro puido ter relación).
- Lombo da Cerca. (Asentamento fortificado. Trez).
- O castro. (Asentamento fortificado. Alberguería.)
- A Picota. (Asentamento. Camba).
As terras do val de Laza foron poboadas polos Tamaganos, unha das tribos castrexas pertencente ó convento Bracarense que aparece nomeada na Columna Honorífica da ponte de Chaves, e que abranguería as terras do Val norte do Támega.
Os Romanos tamén deixaron aquí a súa fonda pegada tal como se manifesta nos restos arqueolóxicos atopados na zona e que proban a explotación dos xacementos minerais, de asentamentos ou doutro tipo de restos:
- A Coroa. (Explotación aurífera en aluvión. Camba).
-
Os Casarellos. (Asentamento. Toro. Apareceron varios muíños de man e un couzón de pedra dunha porta).
- Cabeza de Cántara. (Explotación mineira. Tamén puido ser aurífera. Cerdedelo).
- Vasixa de Carraxó. (Cerámica. Carraxó).
- Ara anepígrafa da Alberguería.
- As Minas Vellas de Arcucelos. Segundo Taboada Chivite en "Noticias arqueológicas de la región del Támega", páxina 62 di o seguinte: “En Arcucelos, se ha dado por cierta la explotación antigua del estaño. Cornide supone que fue aprovechado por los romanos, considerando que los arcos, bovedillas o galerías formadas para su beneficio se denominó el lugar de Arcucelos o de los arquillos”. Na Idade Media como sinala Taboada Chivite ó estudar a Reconquista e a súa consolidación na comarca de Baronceli, Laza aparece relacionada nunha declaración testifical sobre aquela. Alude a este pobo como “Laza do Conde”. Foi curato de presentación do Conde de Motezuma, Marqués de Tenebrón que pon tamén ó seu xuíz. Tirso de Molina na súa obra “Mari Hernández, La gallega” escribe:
“El de Laza que ya esotro lado
ameno se avecina,
al. Val de Monterrey con quien confina,
cinco leguas de Chaves
dista este monte," etc....
A finais do século XVIII, ano 1777, Pedro González de Ulloa, no seu libro “Relación y Descripción Geográfica de los Estados pertenecientes a la excelentísima y Nobilísima Casa de Monterrey en el reino Galicia, Provincia de Órense” di o seguinte respecto a Laza:
“El Duque mi señor pone Corregidor, Escribanos de número, y ministros con jurisdicción sobre la mayor parte de los vecinos; comprendiendo también las parroquias de Castro, Cerdedelo, Campo de becerros, y la sobredicha de Retorta. Y todas concurren a la audiencia de Laza; en donde reside el Corregidor…..”
Sobre o couto jurisdiccional de Alberguería, tiña o poder o Arcediano de Varonceli. Da Catedral de Ourense, Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no Boletín da Real Academia Galega explícannos como o camiño antigo que atravesa a vila de Laza, formando a súa rúa máis longa e principal, foi noutro tempo verea moi importante, sendo chamado polos lugareños “Camiño de Castela” coa ruta de: Laza, Eiras, Portocamba, Campo Becerros, Venta do Bolaño, e Venta do Espiño ata a Gudiña, confirmando que tivo moito trafego de segadores que ían á sega á Castela. Tamén viñan de Castela comerciantes para traer aceite, carne, pemento, etc... Posiblemente lle viñera daí a súa importancia.
No ano 1812, a constitución contempla unha nova división territorial na que xorden novos concellos. Laza, Castro de Laza e Cerdedelo pertencen ó partido xudicial de Monterrei. A comezos de 1822 o concello de Cerdedelo desaparece e aparece como tal o de Retorta.
Finalmente, no ano 1835 implántase unha nova organización de municipios e Laza e mailas súas parroquias, que coinciden coas actuais, adscríbense ó partido xudicial de Verín.
Textos orixinais de Carmen Rivero. |