Imprimir

Historia

Descarga do tríptico de turismo en galego

codigo qr triptico

 

 

 

 

 

 

 

 

Contido en PDF

ALGO DE HISTORIA DO CONCELLO DE LAZA

Nieves Amado Rolán.

6O Concello de Laza sitúase no centro-surleste da provincia de Ourense, ocupando o vértice norte do triángulo que forma a comarca de Monterrei. Ten unha extensión de 216 km 2, que se distribúen en dous sectores de relevo claramente diferenciados. No norte predomina a alta montaña das serras de Queixa, Fial das Corzas, San Mamede e Montes do Invernadeiro, pertencentes ó Macizo Central Ourensán, con altitudes de ata 1550 m. A metade sur está conformada polo primeiro escalón do amplo val formado polo Támega e os seus afluíntes, arredor dos  500 m de altitude, un vizoso val que atravesa o concello en dirección noroeste-surleste, e que articula as comunicacións e asentamentos máis importantes.

Ligazón a Mapas de Google

5A parroquia de San Xoán de Laza, situada en pleno val do Támega, está formada polas entidades de poboación de Laza, Cimadevila e Souteliño, cuns 670 habitantes. A vila de Laza, centro parroquial e capitalidade do concello, conta actualmente cuns 500 habitantes. En 2019, os habitantes totais do concello eran 1.228.

A antiga vila naceu con vocación de camiño. Enclavada estratéxicamente no máis importante lugar de tránsito do sur de Galicia, o val do Támega, constituíu unha vía natural de penetración dende Portugal, Castela e o sur da Península ata o século XX, no que quedou afastada pola construción das novas estradas nacionais e autovías.

4Nos arredores da Igrexa parroquial existen restos da case segura fundación romana, como “vila” ou lugar de servizo e vixiancia da vía romana secundaria, chamada “vía do Támega” que, desde Chaves, enlazaba en Baños de Molgas coa importante vía XVIII. Os seus habitantes quedaron englobados na tribo dos “Tamagani”. O urbanismo de Laza conformouse, xa que logo, ó longo dunha única rúa, que primeiro foi a vía romana, logo o camiño medieval e de peregrinación a Santiago coñecido como “Camiño Mozárabe” ou “Ruta da Prata” e máis tarde foi o Camiño Real de Castela, tamén chamado Camiño dos Segadores.

3Siguiendo desde Retorta la orilla Occidental del Támega hacia su nacimiento a distancia de una legua está dicha Villa de Laza, población de unos cien vecinos, no muy hacendados, pero muy astutos, porque aprenden la Germania, con tantos pasageros, que por allí transitan; por ser vereda muy frecuentada de todas las partes occidentales del Reyno para Castilla. Es tránsito muy frecuentado para Castilla por los provinciales de Tuy y Orense. Fuera lugar de mucho comercio y consumo si hubiese personas dedicadas. (González de Ulloa, 1777)

Laza aparece nomeada e documentada por primeira vez nun documento do ano 950, nunha declaración testifical do Tumbo do Mosteiro de Celanova:  terre inter Laza et Balderici.

Na Alta Idade Media o reino Galaico-Astur-Leonés creou as circunscricións territoriais chamadas “Terras” para ordenar o territorio despois da paréntese da invasión árabe e o caos territorial no que quedou sumida a península ibérica. Estas terras estaban gobernadas por un tenente que nomeaba o Rei, como o seu delegado. No actual concello de Laza existía o “Couto de Laza”, que abranguía as parroquias de Laza, Trez, Cerdedelo, Camba e Toro; e o “Val de Laza” que se correspondía coa amplísima parroquia de San Pedro de Castro, que ocupaba toda a parte norte do concello, agás a Alberguería. Ata o século XIV as terras de Laza eran realengas, pertencían ao Rei, neste século moitas terras son doadas polo Rei Enrique II a nobres que o serviron nas guerras, no que se chamaron as mercedes enriqueñas. O Val de Laza, parte do Couto de Laza, e a zona sur do val, Matamá, Retorta e Arcucelos, son doadas en 1368 a Juan Rodríguez de Biedma, xunto con outras terras da comarca, e pasa a chamarse “Señorío Xurisdiccional”. Este foi o xermen do Condado e Estados de Monterrei,  ao casarse a filla de Juan Rodriguez de Biedma, dona Elvira de Biedma, con Diego López de Zúñiga, señor de Monterrei.

2No século XVI Laza constitúe unha Xurisdición, institucións feudais que vertebraron política e xudicialmente o territorio e que pertencían a un ou máis señores laicos ou eclesiásticos. A Xurisdición de Laza foi un antecedente territorial do concello, dentro do Condado de Monterrei, que era quen mandaba na maioría do territorio. O centro do poder civil da Xurisdición situábase na vila, coñecida coma Laza del Conde e Don Diego. Iso era debido á dobre xurisdición señorial que exercían sobre a vila e a montaña,  por un lado o Conde de Monterrei e por outro a Casa de Celme ou Maiorazgo de Oca e Sarmiento, fundado en 1528.

1A maioría dos veciños e terras das parroquias de Castro e Retorta pertencían ao Conde de Monterrei. Pola contra os de Laza e a Montaña dependían maiormente da Casa de Celme, que tivo como primeiro representante desta linaxe en Laza, a Don Diego de Oca e Sarmiento no século XVI. No  século XVIII ostentaba o señorío de Laza, o coñecido Conde de Moctezuma, Marqués de Tenebrón. O pazo principal deste maiorazgo era o Pazo de Oca na cidade de Ourense (actual edificio do Liceo), desde onde exercían o seu poder e señorío. En Laza non vivían, pero tiñan o “castillo” como símbolo de poder señorial, un pazo senlleiro, principal edificio de Laza hoxe arruinado do que só quedan os escudos, que era onde recollían as rendas e foros, mediante un encargado ou mordomo, nunha tulla que tiñan na fachada que da ao Outeiro. Dicía D. Vicente Risco en 1944 que tamén é dino de nota que os de Laza se teñan e nomeen a si mesmos como limiaos, e consideren a súa terra como parte da Limia. Pensamos que isto é debido á memoria do poder señorial que exercía a Casa de Celme, cuxo castelo e solar primitivo está situado en Congostro, Rairiz de Veiga, en terras da Limia.

Os representantes do poder civil estaban, pois, duplicados en Laza debido a esta doble xurisdición.

Laza, si bien era del Conde de Moctezuma, que se llama señor de lo espiritual y temporal de las villas, castillos y fortaleza de Celme y San Juan de Laza, tenía también jurisdicción el Conde de Monterrey y hubo altercados y disturbios por cuestión de competencia. En un documento de 15 de Enero de 1784 hace constar don Manuel Blanco Salgado, Corregidor de Laza y su jurisdicción por nombramiento del Duque de Alba y Conde de Monterrey, que ha habido desde tiempo inmemorial Corregidores de tal nombramiento para administrar justicia, sin diferencia ni contradición, “pero el 13 de dicho año a un alguacil pretendieron estorbar su función y al propio Correxidor de dicha Justicia lo atropellaron empujándolo, rasgándole las vestiduras y pretendiendo introducirlo en un corral”. Había allí dos cárceles, una titulada de D. Diego, que era la del Moctezuma, y la otra del Conde de Monterrey, correspondientes a la doble jurisdicción que se ejercía. (Taboada Chivite, 1960)

Os concellos créanse no ano 1833, basados nas antigas xurisdiccións territoriais, pero con algunhas reformas. Laza perde polo leste, cando se declara concello, os pobos de Portocamba e Campobecerros que sempre pertenceron á xurisdicción de Laza, e gaña polo noroeste, o couto de Sta Mª da Alberguería, que ata entón pertencía á catedral de Ourense.

Fotografía: Mere Racionero.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y tu experiencia de navegación. Si continuas navegando, se entiende que aceptas su uso.