Imaxe de separación
Logo
INICIO | MAPA DA WEB | CONTACTO
Logo Sección Actualidade
Novas
Galería de fotos
Enlaces
Logo Sección Concello
Saúdo
Corporación
Pobos de Laza
Servizos
Empresas locais
Separación
Separación Logo Sección Turismo
Historia
Localización
Festas
Entroido
Peregrinos
 
 
Barra separadora
Peregrinos
A Vía da Prata

“No se considera como peregrino sino aquel que va caminando al sepulcro de Santiago, o vuelve."
Dante Alighieri (La Vita Nuova)

Por Laza pasa a Vía da Prata, chamada así na Idade Moderna porque por este camiño viña ata Compostela a prata das Américas, que desembarcaba no sur de España. Sen embargo, parece que o seu trazado orixinal responde a unha antiga Vía Romana que viña de Mérida a Astorga. Segundo Elixio Ribas, na súa obra “Camiño Meridional de Santiago”, este Camiño tamén foi chamado Verea Real, porque dende o renacemento suple á vía romana e segue sendo a ruta oficial do correo, do estado, etc...Tamén foi chamada Brea dos gañáns, debido a que por ela pasaban moitos maragatos que viñan dende Astorga para vender as súas mercadorías, algúns deles quedaron a vivir en Laza. Temos que sinalar que unha das figuras do Entroido deste pobo, hoxe desaparecida, era o maragato, en clara alusión a esta xente que aquí deixou a súa pegada. Outro nome que recibiu foi o de Verea dos Galegos, por ser a ruta dos segadores que ían a Castela.

Actualmente, no seu albergue acolle cantidade de peregrinos, que veñen dende lugares de toda España, Europa e do resto do mundo. Este albergue ten unha capacidade para acoller a 30 persoas, e conta coas seguintes dependencias: cociña, habitacións, sala de estar, baños, duchas, secadeiro da roupa, etc...
Se a afluencia de peregrinos é moi grande poden aloxarse no Pavillón de Deportes tamén, xa que este conta con 25 duchas.

No ano 2006 o Albergue de Peregrinos de Laza acolleu a 1.778 peregrinos, sendo os meses de maior afluencia na primavera e no verán. Aínda que a maioría dos peregrinos son españois, hai un número importante de persoas que viñeron do resto de Europa: Alemaña, Francia, Bélxica, Noruega, Inglaterra, Suíza, Luxemburgo,Austria etc.... Tamén, neste ano, viñeron vinte e un peregrinos de Canadá, tres do Xapón, oito de Estados Unidos, doce do Brasil, catorce de Australia, tres de Arxentina, un de Uruguai e outro de México.

Camiño Meridional de Santiago

Mapa do Camiño Meridional de Santiago (clic para ampliar)
Extraído de "Camiño Meridional de Santiago", de Elixio Rivas Quintas.

Textos orixinais de Carmen Rivero.

Barra separadora