Imaxe de separación
Logo
INICIO | MAPA DA WEB | CONTACTO
Logo Sección Actualidade
Novas
Galería de fotos
Enlaces
Logo Sección Turismo
Historia
Localización
Festas
Entroido
Peregrinos
Separación
Separación Logo Sección Concello
Saúdo
Corporación
Pobos de Laza
Servizos
Empresas locais
 
Alcalde
Barra separadora
Saúdo do Alcalde

Me parece que reconoces mejor los pueblos en el atlas que cuando los visitas en persona. - Dice a Marco el emperador, cerrando el libro de golpe.
Y Polo: - Viajando uno se da cuenta de que las diferencias se pierden: cada pueblo se va pareciendo a todos los pueblos, los lugares intercambian forma, orden, distancias, un polvillo uniforme invade todos los continentes. Tu atlas guarda intactas las diferencias: ese surtido de cualidades que son como las letras del nombre.
Las ciudades invisibles. Italo Calvino.

A Todos.

Agora é o momento de centrar o foco da nosa atención no argumento "do concello global".

Pretendo, nesta nova etapa, dar continuidade e enriquecer no posible e tras unha análise pormenorizada, a peculiaridade Lazana, que se implanta sen solución de continuidade na realidade na que se atopa inmersa, cunha interrelación que nin se pode nin se quere evitar e que é sumamente enriquecedora. Soamente pretendo que cada idea que plantee, naza da especialidade do seu coñecemento e esto sexa unha proposta de cambio que resulte suxestiva, e estimo, efectiva.

E faise coa convicción de que o enorme traballo diario deixará sempre un oco que permita analizar cos mellores a problemática existente, dándolle ós pobos como entes municipais o protagonismo que merecen como principais xestores das medidas e instrumentos que dende a administración local pomos ó seu servizo.

Non cabe duvida algunha de que os pobos foron un gran invento, cada un coa súa propia personalidade, capaces de encontrar o seu lugar na acertada complementariedade cos seus veciños.

Palabras como sosteñibilidade, durabilidade, cohesión, redes de comunicación de todo tipo - tanto físicas como de fibra óptica - , austeridade, integración, estratexias, valor e control patrimonial e de recursos naturais, equidade, rehabilitación e calidade, deben ter un protagonismo especial neste novo período que se abre de cara a poder reinventar a orde cotiá do noso concello, planificando ex novo, cosendo, dotando de servizos concibidos para quen os use, ou intervindo de maneira tranquila - pero sempre con valentía - sobre os tecidos herdados evitando así complexas experiencias que poñan en perigo as garantías xurídicas e a estabilidade económica de todo o intrincado proceso de
ordenación do concello para todos os que interveñen nel e en especial ós consumidores e usuarios finais, no marco dunha comunicación activa.

Todo o anterior debese combinar dentro do mosaico da problemática existente actualmente en Laza, xa sexa a escala macro, mezzo ou micro; a nivel de concello ou de pobo; na aldea máis pequena e compacta ou na diversidade da capitalidade municipal, no urbano ou no territorio máis diverso e difuso existente, a nivel municipal, rexional ou nacional, debemos apoiarmos en instrumentos do máis alto nivel para obter así unha maior planificación, que sexa creíble, xestionable, transparente, e de doada e rápida execución, co obxeto de lograr un mellor e sostible progreso, un desenvolvemento equilibrado, cun menor consumo dos importantes recursos naturais finitos dos que dispomos e que temos obrigación de legar nunha mellor condición, como unha realidade palpable.

Somos nós, agora os que escribimos o futuro, o novo sistema de valores.

E queremos facelo sen presa, pero sen pausa, aínda que coa firmeza e a autoridade que dá a convicción de estar facendo as cousas ben.

A todos, colaboradores, familiares, amigos, veciños, especialmente ós que nos visitades, darvos a benvida, incitarmos a participar, aínda que soamente sexa na vida cotiá, soñade comigo e veredes que Laza e a súa xente. Son do máis parecido á terra prometida na que ninguén se pode sentir extraño.

Díxoo o poeta: ir rápido y llegar solo no vale. Importa ir con muchos y llegar a tiempo.

Benvidos todos.

MONCHO. Alcalde electo de Laza.

 

 

Barra separadora